Miguel Méndez "Non é doado un troco de seleccionador, sobre todo con só dous adestramentos"
Miguel Méndez "Non é doado un troco de seleccionador, sobre todo con só dous adestramentos"
O técnico vigués debutou na Selección Española con vitoria ante Hungría
Sen apenas tempo para adestrar e preparar os partidos, o combinado feminino español de baloncesto arrincou a era Méndez de maneira exitosa, no primeiro envite clasificatorio para o Eurobásket. O adestrador galego pasou pola Radio Galega para analizar este novo paso na súa carreira.
"Foi un encontro difícil porque a nosa preparación no estaba ao cento por cento. Non é doado trocar de adestrador. Varias das principais seleccións europeas que estreaban técnico perderon, Francia de 20, Eslovenia en casa..... O pavillón era moi pequeno, ruidoso"
Miguel Méndez tamén quixo analizar o seguinte partido, o vindeiro domingo en Almería ante Romanía.
"Son de menos entidade que Hungría. Están en plena renovación. Agardamos descansar e preparar o partido da mellor maneira posible. No grupo somos favoritos xunto a Hungría. É certo que o sistema de clasificación é moi esixente. Depende do grupo que toque ser mellor segundo é máis difícil ou doado porque as diferencias na anotación son maiores"