Milei chama a Pedro Sánchez "covarde" e compárao con Maduro
Milei chama a Pedro Sánchez "covarde" e compárao con Maduro
Di que o presidente español imita o venezolano en materia de libertade de expresión
O presidente da Arxentina Javier Milei chamou nunha entrevista televisiva "covarde" ao xefe do Executivo español Pedro Sánchez, do que dixo que en materia de liberdade de expresión "está a aplicar o mesmo modelo que (Nicolás) Maduro", presidente de Venezuela.
"O covarde (en alusión a Pedro Sánchez) mandou todos os seus ministros a insultarme. Arrincou co de Transportes e despois, como eu non lle respondía, moi covardemente mandou as mulleres para agredirme, para despois tacharme de misóxino. E como non contestei, xa se sumou el", declarou nunha entrevista coa canle Todo Noticias (TN).
"Está a avanzar sobre a liberdade de expresión, está claro que é o modelo de Maduro o que está a aplicar", sinalou hoxe Milei en referencia ao xefe do Executivo español. "Que pasaría se eu fixese iso acá? Que diría toda a banda progre?", agregou.
A relación entre Milei e o presidente do Goberno de España Pedro Sánchez, como a dos seus respectivos gabinetes, atravesa por un período conflitivo, incluída a retirada por parte das autoridades españolas da súa embaixadora na Arxentina, María Jesús Alonso.