Publicador de contidos
Publicador de contidos

Milleiros de persoas maniféstanse en Valencia para reclamar a dimisión de Mazón

Milleiros de persoas maniféstanse en Valencia para reclamar a dimisión de Mazón

 

É a cuarta manifestación masiva que reclama a dimisión do presidente valenciano pola súa "neglixente" xestión da DINA hai tres meses

Manifestación desta tarde en Valencia. Foto: EFE/ Biel Aliño Manifestación desta tarde en Valencia. Foto: EFE/ Biel Aliño
G24.gal 01/02/2025 21:27

Milleiros de valencianos volveron saír á rúa, desafiando a chuvia deste sábado para reclamar a dimisión do presidente da Generalitat, Carlos Mazón, pola súa "neglixente" xestión da DINA de hai tres meses, que deixou 224 mortos, 3 desaparecidos e miles de afectados.

Percorreron as rúas do centro de Valencia unhas 25.000 persoas, segundo os datos ofrecidos pola Delegación do Goberno. A manifestación estaba convocada por máis de 200 entidades cívicas, sociais e sindicais da Comunidade Valenciana co lema "Mazón, dimisión", o mesmo que nas tres protestas anteriores que se celebraron desde novembro.

Na anterior manifestación precederon á cabeceira varios tractores para recoñecer a axuda dos agricultores na limpeza tras as inundacións, nesta ocasión, a cuarta manifestación, fíxoa A Nova Muixeranga d'Algemesí, para dar visibilidade ás entidades culturais afectadas pola enchente.

Unha pancarta vermella coa imaxe boca abaixo do presidente da Generalitat ataviado co chaleco de emerxencias, a frase "Mazón dimisión" e un crespón negro como símbolo do loito por esta traxedia abriu a marcha na praza do Concello da capital valenciana.

A pancarta portábana  persoas damnificadas pola DINA, como Dolores, que perdeu o seu marido e os seus dous fillos, que dixo que o único que lle dá forzas para seguir vivindo é a loita para conseguir que "haxa xustiza".

A manifestación rematou na praza da Virxe, preto do Palau da Generalitat, onde se leu un manifesto antes de gardar un minuto de silencio por todas as vítimas.

O manifesto asegura que esta catástrofe que transformou a vida de centenares de miles de persoas ten "uns responsables moi claros", o Goberno valenciano, por non alertar a tempo o día de DANA, e reivindica a solidariedade e o apoio mutuo mostrado pola sociedade valenciana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade