Gamarra fala de "ómnibus de corrupción" e acusa a Sánchez de humillarse perante Junts
Gamarra fala de "ómnibus de corrupción" e acusa a Sánchez de humillarse perante Junts
A secretaria xeral do PP insta a impedir que a próxima cesión sexa o control das fronteiras
Gamarra clausurou en San Sebastián a Escola Gregorio Ordóñez, asasinado pola ETA
A secretaria xeral do Partido Popular fala de "corrupción ómnibus" do Goberno e de humillación de Pedro Sánchez perante os separatistas por aceptar a moción de confianza a cambio dos votos de Junts. Na clausura da Escola Gregorio Ordóñez, Cuca Gamarra cualificou de indecentes os pactos do Goberno con Bildu e cos separatistas e preguntou cal será o prezo do próximo decreto-lei.
"O próximo decreto-lei vaise validar a cambio do control das fronteiras por parte do independentismo?, é do que estamos a falar? O que estamos vendo é como avanza como cabalo de Troia o proxecto separatista desde dentro do propio Goberno, e iso é o que temos que frear, e é tamén seguir o exemplo dos valores democráticos dos que deron a vida polo país".