Publicador de contidos

Publicador de contidos

Moeche é un dos poucos concellos sen casos activos en Galicia

Moeche é un dos poucos concellos sen casos activos en Galicia

Leva toda a pandemia mantendo uns índices dos máis baixos de toda Galicia

O concello coruñés e un dos poucos sen casos activos de coronavirus en Galicia
Jesús Domínguez 29/12/2021 13:36

Malia non ter ningún caso activo de covid, os veciños de Moeche non son alleos ás medidas sanitarias que hai que ter. Tamén din que é unha cuestión de sorte nun concello con poboación moi dispersa e con pouco máis de mil habitantes. Aseguran que seguirán mantendo as precaucións mentres que a pandemia continúe.

 A farmacia, o banco, o salón de peiteados ou o supermercado consomen o tempo dos que non están a traballar. Entre a veciñanza, a máscara está sempre presente, dentro ou fóra dos establecementos. Seguen as medidas de protección, sabedores de que a poboación do concello está envellecida e quen máis ou quen menos ten algún maior na casa que precisa de protección.  

"Eu creo que é sorte agora mesmo, porque estamos rodeados e non só facemos vida aquí, senón que traballamos en toda a comarca. E tamén cumprir coas medidas, porque ao ser un sitio pequeno intentas sempre que aos teus veciños non lles pase nada", asegura unha veciña.

"Hai pouca xente, e o que máis e o que menos respecta e imos tirando", di outra.

"Respéctanse máis a normas, tamén hai máis separación e nas aldeas somos máis precavidos", afirma un veciño.

Os concellos lindeiros, con Valdoviño á cabeza con 60 novos casos de covid e un índice de máis de 250 nos últimos sete días, rodean Moeche, que xa leva toda a pandemia mantendo uns índices dos máis baixos de toda Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos