Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mónica García, aos mutualistas: "A sanidade pública é o mellor lugar para seren atendidos"

Mónica García, aos mutualistas: "A sanidade pública é o mellor lugar para seren atendidos"

A ministra de Sanidade lanza unha mensaxe de tranquilidade e afirma que a sanidade pública está "perfectamente preparada" para asumir a asistencia dos funcionarios afectados

A ministra de Sanidade durante o pleno do Consello Interterritorial do Sistema de Saúde (Carlos Luján/Europa Press) A ministra de Sanidade durante o pleno do Consello Interterritorial do Sistema de Saúde (Carlos Luján/Europa Press)
G24.gal 16/12/2024 12:43

A ministra de Sanidade, Mónica García, volveu lanzar unha mensaxe de tranquilidade aos mutualistas de Muface e insiste en que a sanidade pública está "perfectamente" preparada para asumir a súa asistencia e é ademais "o mellor lugar" onde poden ser tratados.

Antes de presidir o Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, a ministra lembrou  que todo este asunto xerouse porque ás aseguradoras "non lles dan os números". "Non nos enganemos, elas son as que teñen que asinar ese convenio, e ata o de agora non o asinaron porque os mutualistas non lles saen rendibles", salientou.

No caso de que finalmente non se alcance un acordo co Ministerio de Función Pública, García asegura que os mutualistas deben ter a "tranquilidade" de que "a sanidade pública pode asumir perfectamente unha carga" que supón absorber un 2,4 % de poboación máis.

 

A ministra pediulle aos mutualistas que "non se preocupen" porque "a sanidade pública é a mellor referencia e é o mellor lugar onde se pode tratar aos pacientes" porque conta con algo "tan potente" como a Atención Primaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade