Publicador de contidos
Publicador de contidos

Montero sobre os anuncios de Sánchez: "Oxalá gobernásemos sempre en campaña electoral co PSOE"

Montero sobre os anuncios de Sánchez: "Oxalá gobernásemos sempre en campaña electoral co PSOE"

O presidente anuncia, en mitins, investimentos na sanidade pública que aprobará este martes o Consello de Ministros

G24.gal 22/05/2023 14:51 Última actualización 22/05/2023 15:04

Esta fin de semana, o presidente do Goberno anunciou, en mitins do seu partido, investimentos para mellorar a atención primaria por valor de 580 millóns de euros e a transferencia ás comunidades autónomas de 38,5 millóns para a saúde mental.

Ambas medidas aprobaranse este martes en Consello de Ministros. Os socios da coalición critican o presidente por anunciar iniciativas do Goberno en actos de partido.

"A sanidade pública deféndese todos os días, non só con anuncios en temporada electoral", reprocháballe este domingo a vicepresidenta segunda, Yolanda Díaz, aos socialistas.
 

"Oxalá estivésemos sempre gobernando en campaña electoral co PSOE", sumábase este luns Irene Montero, ministra de Igualdade.
 

Críticas tamén dende o Partido Popular. Aseguran que son medidas xa previstas nos presupostos xerais e acusan a Sánchez de aproveitarse do cargo para facer campaña.

"Nunca nunhas eleccións se viu un uso tan partidista das institucións e mesturar tanto o goberno co partido", dixo Elías Bendodo, coordinador xeral do PP.
 

Este luns tamén se soubo que o PP incorpora ás súas filas unha nova fichaxe, o economista e exeurodeputado por Ciudadanos Luis Garicano. Pasa a formar parte da fundación do partido, Reformismo21.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade