Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mori: "O domingo teño o corazón partido entre o Cádiz e un Celta que vexo para Europa"

Mori: "O domingo teño o corazón partido entre o Cádiz e un Celta que vexo para Europa"

Na súa época non só os defensas eran duros, tamén os dianteiros coma el

G24.gal 08/02/2022 15:30

Mori, gaditano de Barbate, foi xogador do Cádiz pero, sobre todo, triunfou no Celta, onde xogou nove tempadas nas pasadas décadas do 70 e dos 80. Xogou en Primeira e chegou baixar a Segunda B, na que foi a peor época do equipo vigués, pero logo conseguirían volver a Primeira.

Pasou por Zona mixta na Radio Galega para falarnos do partido entre os dous seus equipos da vida: Cádiz e Celta.

A orixe dun alcume dun home cun corazón 'partío'

"O meu avó era pescador na zona de África, ía a Marrocos buscar os bocartes, e de aí 'Morito'. O domingo teño o corazón partido. Gustaríame que gañase o Cádiz por necesidade, pero por outro lado véxoo con posibilidades ao Celta de ir a Europa"

Os defensas de agora e de antes

"A renovación de Aidoo é unha boa noticia. Destaca polo físico. Os defensas da miña época eran duros, non para facer dano, pero había dureza. Eu cando vía que o defensa viña con moita forza, respondíalle. Reza, do Sporting do Xixón era deses defensas duros"

"Reza nomeábame a toda a familia, cuspíame... de todo. Eu fixen moita amizade con Ciriaco daquela no Sporting. Antes do partido en Xixón avisoume que Reza ía por min. O que pasou en Vigo queda en Vigo, díxenlle. En Balaídos tiven que facerlle unha entrada que non mo carguei de milagre"

A polémica chegou aos tribunais

"Eu era moi duro tamén, e cando quixeron ficharme do Barça tiven un problemón co Celta que acabou nos tribunais. Eu xogaba sempre e cheguei a Murcia e Carmelo, o míster, non me puxo. Falei con el e confesoume que era cousa do presidente"

"Cando quixo sacarme ao campo, díxenlle que non quecía na banda e saquei as botas, as medias... todo. Despois tiven un problema e unha sanción por parte do club por irnos de festa cando estaba Cid Carriega de adestrador. Botáronme 800.000 pesetas de multa"

"Entón eu dixen que o presidente me enganaba, saíu o xuízo e gañei, devolvéronme os cartos. Non quixen pedir nin un duro de indemnización despois do trato tan bo que me deu o Celta e a afección. Alí acabou a miña vinculación co equipo"

Mori na súa época como xogador do Cádiz Mori na súa época como xogador do Cádiz
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade