Cargando resultados...
Morre un home de 83 anos nunha saída de vía en Chatanda
Como consecuencia do impacto, morreu no acto o condutor, veciño de Chantada e que viaxaba só no momento do accidente.
![](https://www.g24.gal/prog24/2025/20250211/accidentemortalchantada.jpeg)
G24.gal
11/02/2025 12:58
Un home de 83 anos morreu na mañá deste martes ao sufrir unha saída de vía co seu vehículo cando circulaba por unha estrada no municipio lugués de Chantada.
O sinistro tivo lugar ás 09,45 horas deste martes no punto quilométrico 36,700 da estrada que une Monforte e Lalín, segundo informou a Garda Civil.
O coche que manexaba o falecido saíuse da estrada pola marxe dereita. Como consecuencia do impacto, morreu no acto o condutor, veciño de Chantada e que viaxaba só no momento do accidente.