Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre un home de 83 anos nunha saída de vía en Chatanda

Morre un home de 83 anos nunha saída de vía en Chatanda

Como consecuencia do impacto, morreu no acto o condutor, veciño de Chantada e que viaxaba só no momento do accidente

G24.gal 11/02/2025 12:49

Un home de 83 anos morreu na mañá deste martes ao sufrir unha saída de vía co seu vehículo cando circulaba por unha estrada no municipio lugués de Chantada.

O sinistro tivo lugar ás 09,45 horas deste martes no punto quilométrico 36,700 da estrada que une Monforte e Lalín, segundo informou a Garda Civil.

O coche que manexaba o falecido saíuse da estrada pola marxe dereita. Como consecuencia do impacto, morreu no acto o condutor, veciño de Chantada e que viaxaba só no momento do accidente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade