Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece unha moza de 28 anos nun accidente de tráfico na LU-P-1510 en Cervo

Falece unha moza de 28 anos nun accidente de tráfico na LU-P-1510 en Cervo

Os servizos de emerxencia desprazados ao lugar só puideron confirmar a súa morte e que se trataba dunha saída de vía

G24.gal 11/02/2025 09:15 Última actualización 11/02/2025 10:54

Unha muller de 28 anos de idade morreu esta mañá nun accidente de circulación, ao saírse da vía o coche que conducía, á altura do quilómetro 2 da estrada provincial LU-P-1510 -de San Cibrao ata Burela, pola Marosa-, no termo municipal de Cervo. A falecida era a condutora e única ocupante do vehículo.

Para auxiliar a vítima, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 chegou a mobilizar a dúas ambulancias e a persoal sanitario do centro de saúde de Cervo, pero os facultativos non puideron salvarlle a vida.

Nun comunicado, o 112 sinala que recibiu un aviso pouco antes das 8:30 horas desta mañá no que o alertador indicou que vira un vehículo nunha gabia cunha persoa fóra do coche apoiada na xanela, aparentemente falecida.

Inmediatamente, o 112 pasou o aviso ao servizo de urxencias sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Policía Local.

Os servizos de emerxencia desprazados ao lugar confirmaron que a vítima estaba xa falecida. Sinalaron ademais que se trataba dunha saída de vía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade