Morre Kissinger aos 100 anos
Morre Kissinger aos 100 anos
O diplomático estadounidense é un dos personaxes clave da historia contemporánea
O exsecretario de Estado estadounidense Henry Kissinger morreu aos 100 anos no seu fogar en Connecticut. A firma de consultoría de Kissinger, Kissinger Associates, deu este mércores a noticia do seu falecemento, sen precisar a causa da morte. Xudeu alemán, chegou de adolescente a Nova York fuxindo do nazismo.
O diplomático seguía moi activo, de feito en xullo visitou A China para reunirse con Xi Jimping. Tamén era frecuente escoitar as súas opinións nos medios de comunicación sobre asuntos de actualidade como a guerra en Ucraína ou os riscos da intelixencia artificial. Cambiou o rumbo da guerra fría e recibiu o Nobel da Paz polas súas negociacións para acabar coa guerra de Vietnam. Mais tamén será recordado polo seu papel na operación Cóndor, o seu apoio ao golpe de Estado que derrocou a Salvador Allende en Chile, á ditadura militar arxentina e á española.
"Os Estados Unidos perderon unha das súas voces máis de máis confianza e características sobre os asuntos internacionais co falecemento de Henry Kissinger", escribiu nunha mensaxe o expresidente George W. Bush, acompañado por un retrato ao óleo pintado polo propio exmandatario. Na mensaxe, Bush agradeceu ao lendario diplomático os seus consellos e a súa amizade.