Moscova acusa a Kíiv de ataques preto da central nuclear de Zaporijia
Moscova acusa a Kíiv de ataques preto da central nuclear de Zaporijia
Di que bombardeou áreas residenciais próximas e tratou de usar drons contra o recinto da planta
Rusia di que Ucraína bombardeou áreas residenciais próximas á central nuclear de Zaporijia e que tratou de atacar dentro do recinto da planta con drons, pero que llelos derribaron antes.
As autoridades prorrusas no país tamén denunciaron que un mísil ucraíno matou dúas persoas nun hotel de Khersón. Aseguran que Kíiv intensifica as súas ofensivas nos territorios ocupados para frustrar os referendos de anexión a Rusia, e puntualizan que aínda así os comicios marchan ben.
Ringleiras de coches
Este domingo víronse ringleiras de coches rusos na fronteira con Mongolia. O xefe dun posto de control calculou que desde que o Kremlin decretou o recrutamento de 300.000 reservistas, máis de 3.000 rusos cruzaron a Mongolia por este punto.
De Rusia chegan tamén declaracións de persoas que se están achegando voluntariamente aos centros de alistamento. Un explica que vai ver se o precisan. Outro admite que a súa nai non quería que fose pero que para el é un deber cívico.
Chamamento de Zelenski
O presidente ucraíno pediulle á cidadanía rusa que non permita que Putin os recrute para a guerra. Zelenski díxolles que o goberno ruso sabe que os manda á morte.