Publicador de contidos
Publicador de contidos

Musk anuncia que retoma a compra de Twitter

Musk anuncia que retoma a compra de Twitter

A rede social subiu un 22 % en bolsa tras coñecerse a noticia

G24.gal 04/10/2022 22:34

As accións de Twitter subiron este martes un 22,24%, ata un valor de 52,00 dólares, despois de que o magnate Elon Musk retomase a súa oferta de comprar a rede social por 44.000 millóns de dólares.

A compañía amosou xa a súa disposición á transacción.

"A intención da compañía é cerrar a transacción por 54,20 dólares a acción", escribiu Twitter en reacción a unha proposta de Musk que se enviou horas antes á compañía e á Comisión do Mercado de Valores dos EUA.

Twitter e Musk acordaran a adquisición da compañía por ese prezo, pero posteriormente o multimillonario deu marcha atrás á transacción, argumentando que constatara un incumprimento substancial de varias disposicións do acordo, entre elas o número de contas falsas contabilizadas pola compañía. 

As accións de Tesla, onde Musk é o director executivo, subían ao peche un 2,90%, ata os 249,44 dólares.

No entanto, pese a cerrar a xornada en verde, esta é unha baixada se se compara co valor das accións de Tesla a media sesión, antes de que se coñecese o cambio de decisión de Musk, xa que daquela cotizaban a 256,29 dólares. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade