Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno aproba este martes bonificacións nas peaxes da AP-53, que entrarán en vigor o 1 de maio

O Goberno aproba este martes bonificacións nas peaxes da AP-53, que entrarán en vigor o 1 de maio

Besteiro salienta que os usuarios frecuentes pasarán de pagar 280 a 70 euros ao mes

As rebaixas serán similares ás da AP-9 e beneficiarán vehículos lixeiros e camións

G24.gal 07/04/2025 16:12 Última actualización 07/04/2025 16:20

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, avanzou que o Consello de Ministros aprobará este martes o real decreto que regula as bonificacións nas peaxes da AP-53, medidas que, segundo as previsións, entrarán en vigor o 1 de maio.

Anunciouno este luns nunha conferencia de prensa no Parlamento galego. Hai dúas semanas o Goberno central aprobou as dotacións económicas necesarias para facer efectivas estas rebaixas na autoestrada que conecta Santiago de Compostela con Dozón (Pontevedra).

As bonificacións na AP-53 serán semellantes ás que xa se aplican na AP-9

Para os vehículos lixeiros, sempre que usen o sistema de telepeaxe, os traxectos de volta nun prazo de 24 horas serán gratuítos. Ademais, aquelas persoas que realicen polo menos 20 desprazamentos ao mes beneficiaranse dunha bonificación adicional do 50 %.

No caso dos camións, aplicarase un desconto do 50 % en todos os percorridos, sen condicións adicionais.

Segundo os prazos indicados por Besteiro, o real decreto publicarase nos próximos días no Boletín Oficial do Estado (BOE) e seguirá o mesmo modelo que o da AP-9, polo que a entrada en vigor sería o 1 de maio.

Besteiro destacou que, grazas a estas bonificacións, os usuarios frecuentes “pasarán de pagar 280 a 70 euros ao mes”, segundo os seus cálculos. Reivindicou ademais que esta medida foi unha demanda histórica dos socialistas galegos para unha infraestrutura que, ao seu xuízo, “é a gran esquecida no debate sobre os prezos das autoestradas”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade