Publicador de contidos
Publicador de contidos

Nadal buscará o seu 14º Roland Garros fronte a Casper Ruud

Nadal buscará o seu 14º Roland Garros fronte a Casper Ruud

G24.gal 04/06/2022 14:09

Pasan os anos e repítese a historia. Rafa Nadal volve á final do seu torneo, Roland Garros. E faino despois dun partido contra Zverev que apuntaba a épico, e quedou demostrado no primeiro set, que resolveu o balear levantando un 6 a 2 no tie break logo de hora e media. A segunda manga levaba o mesmo camiño, a piques de chegar á morte súpeta, cando Zverev sufriu unha escordadura de nocello que acabou coas súas opcións. O alemán, que pode ter unha lesión seria, abandonou a pista en cadeira de rodas, e no medio de fortes xestos de dor, recibindo o agarimo da xente e dun Nadal que, malia a isto, sabe que vai seguir facendo historia.

Nunha nova volta do destino, o rival de Nadal será un alumno da súa academia, o noruegués Casper Ruud. Aos 23 anos, estréase na final dun Grande contra o seu mestre, logo de vencer a Cilic nunha semifinal que tamén tivo unha interrupción. Unha activista medioambiental saltou á pista e encadeouse á rede no medio do terceiro set, obrigando a parar un cuarto de hora. O suceso non lle afectou a Ruud, que pechou o encontro cun resultado de 3-6, 6-4, 6-2 e 6-2.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos