Nadal consegue unha sufrida vitoria
Nadal consegue unha sufrida vitoria
Cita para a historia en segunda rolda, o último enfrontamento contra Djokovic
Nadal logrou derrotar o húngaro Márton Fucsovics en tres sets (6-1/4-6/6-4) e haberá un enfrontamento histórico na segunda rolda, Nadal-Djokovic. Nadal, que estivo a piques de non xogar este partido para centrarse nos dobres con Alcaraz, decidiu saír á pista e facer o que mellor sabe, dar máis do 100 %, e sufrir moito para levar unha boa vitoria.
No primeiro set Nadal foi moi superior e semellaba que o partido íase acabar pola vía rápida, pero o segundo set ía ser unha historia totalmente diferente, e o húngaro logrou levarse o segundo set por un axustado 4-6. O terceiro foi moi semellante ao segundo e calquera dos dous podíase levar o partido. Nadal logrou romper o saque e levarse co seu servizo o terceiro e definitivo set.