Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alcaraz e Nadal, lanzados cara os cuartos de Roland Garros

Alcaraz e Nadal, lanzados cara os cuartos de Roland Garros

Alcaraz derrotou a Kachanov en tres sets (6–1, 6–4, 6–4)

Enésimo exercicio de supervivencia de Nadal que lle gañou a Auger Aliassime en cinco sets

G24.gal 29/05/2022 20:36 Última actualización 29/05/2022 23:34

Outra (unha máis) batalla épica de Rafa Nadal en París. Enfronte o canadiano Auger Aliassime, número 9 do mundo e discípulo aventaxado do "tío Toni". E comezou con moita forza porque levou cinco dos seis primeiros xogos. Auger Aliassime gañou o primeiro set por 6-3. 

Reaccionou Nadal que se fixo cos dous seguintes sets cun 3-6 e 2-6. Pero no cuarto volveu Auger Aliassime a facerse coa tirada (6-3) levando o partido ao derradeiro set. Foron horas de pelexa e cando os partidos van por ese camiño é moi difícil tirar ao balear. Rafa rachou o servizo do seu rival no oitavo xogo e conservou o seu servizo para anotarse o partido (3-6). 

Nadal continúa na carreira para facerse co seu Roland Garros número 14, o mesmo número de Champions que logrou o seu querido Real Madrid. Non o vai ter doado porque o seu rival nos cuartos de final será o serbio Novak Djokovic. 

Carlos Alcaraz foi pola vía rápida para derrotar a Kachanov. Comezou imparable cun 6-1 no primeiro set. Multiplicou por catro os golpes gañadores do seu rival e acabou resolvendo cun dobre 6-4 no segundo e terceiro sets. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos