Publicador de contidos
Publicador de contidos

Nafti: "Gustaríame dentro duns anos volver a Lugo e sentir a afección no Anxo Carro"

Nafti: "Gustaríame dentro duns anos volver a Lugo e sentir a afección no Anxo Carro"

O franco tunecino enfrontarase o seu exequipo este domingo un ano despois da súa saída

Recoñece que non pecha a porta a retornar ó conxunto albivermello no futuro

Pese á súa saída amosa o seu agradecemento ao presidente Tino Saqués por darlle a oportunidade de adestrarse no fútbol profesional

G24.gal 21/04/2022 20:44

O adestrador do Leganés Mehdi Nafti xogou onte 'Ao contraataque'. O técnico valorou o choque do domingo ante o seu exequipo e a súa estadía na cidade da muralla a temporada pasada:

"É especial volver a Lugo. Foi a miña primeira experiencia no fútbol profesional, foron momentos moi bos, sobre todo a nivel humano. Foron uns meses emocionalmente inesquecibles. A grande espiña foi non poder ter afección nos partidos. Faltoume o apoio durante os noventa minutos pero ao mellor dentro duns anos volverei ao banco do Lugo e sentir a afección detrás. Obviamente, gustaríame volver a Lugo polo que perdín. Marchamos de Lugo coa cabeza moi alta e co sentimento do obxectivo cumprido pero non rematado. Cando me cruce con Saques saudareino, cunha aperta e cun sorriso. Deume a oportunidade de debutar nun banco de segunda división. Se hoxe estou no Leganés tamén é grazas a Club Deportivo Lugo"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade