Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mella dispara pero o Nástic aguanta (1-1)

Mella dispara pero o Nástic aguanta (1-1)

O canteirán adiantou o Deportivo, pero os tarraconenses empataron cun gol de Pablo Fernández

Parreño, decisivo con dúas grandes paradas

G24.gal 10/03/2024 12:35 Última actualización 10/03/2024 14:00

Os dous primeiros da 1ª RFEF empataron e todo segue igual á fronte da categoría. Un partido que non defraudou e que demostrou a ambición tanto do Nástic como do Deportivo por acadar o ascenso (1-1). 

O Nástic tardou catro minutos en dar un serio aviso cunha cabezada de Pablo Fernández que salvou Germán Parreño cunha grande intervención. 

O Deportivo tentaba baixar as revolucións do partido e o equipo local facía unha gran presión e ía á procura de ataques rápidos. Así viñeron as aproximacións de Marc Fernández ou Mula. Polo medio a lesión do central do Nástic Óscar Sanz. 

Do pouco que fixo en ataque na primeira metade o cadro deportivista un centro de Lucas Pérez ao que non chegou Barbero. Foron 25 de moita intensidade pero o ritmo do partido era imposible de manter e foi decrecendo no treito final da primeira metade. 

O segundo tempo comezou co gol do Deportivo. Mella meteu presión, recuperou, recibiu o pase de Barbero e marcou. Tinguido de azul e branco o xogador xuvenil marcaba o 0-1. 

Conseguiu o cadro coruñés neutralizar os ataques do Nástic ata o minuto 78, cando Pablo Fernández rematou un centro á área. 

Aínda habería un susto máis para o conxunto coruñés, pero, ao igual que na primeira xogada do partido, apareceu unha man salvadora de Parreño para salvar o empate. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade