Publicador de contidos
Publicador de contidos

Nevaradas, chuvias e fenómenos costeiros adversos na costa mediterránea e Aragón

Nevaradas, chuvias e fenómenos costeiros adversos na costa mediterránea e Aragón

Espérase que o temporal vaia remitindo a partir do xoves

G24.gal 08/02/2023 21:03

Un aviso laranxa por temporal rexeu toda a xornada en Aragón, Cataluña e a Comunidade Valenciana.

O temporal deixou moita neve no interior da provincia de Castelló, con cota entre os 600 e os 800 metros.

Mentres, na costa, ondas de ata catro metros, sobre todo no sur da provincia, están a arrastrar a area a estradas e casas en primeira liña de costa.

O temporal seica irá remitindo a partir do xoves.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade