Publicador de contidos
Publicador de contidos

Nico Rodríguez e Támara Echegoyen, entre os mellores no Mundial de vela

Nico Rodríguez e Támara Echegoyen, entre os mellores no Mundial de vela

A segunda xornada deixou boas sensacións para os galegos, que manteñen as opcións de ir aos Xogos de París en 49er FX e no 470 mixto

G24.gal 12/08/2023 21:52

Despois da segunda xornada os dous galegos que participan no Mundial de vela na Haia posicionáronse nos postos de honra. Nico Rodríguez é o sexto no 470 mixto a carón de Silvia Mas. Estiveron moi regulares ao longo de todo o día. Nas dúas regatas disputadas fixeron un 7º e un 8º e puideron colocarse entre os seis primeiros da xeral. Claro que un dos seus grandes rivais é a parella española con Xammar e Brugmann cos que loitan por estaren nos vindeiros Xogos de París. 

No 49er FX Támara Echegoyen, a carón de Paula Barceló, estivo máis atinada. Nas tres regatas disputadas fixo un 2º, un 3º e un 4º. Tamén se colocou entre as mellores grazas aos bos resultados do sábado. Son quintas, a un só puntos do cuarto posto.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos