Ninguén pode con Alcaraz
Ninguén pode con Alcaraz
Hurkacz levou ao límite o murciano
Alcaraz tivo que remontar o encontro con dos 'tie breaks'
Un gran Hurkacz semellaba que sería o tenista capaz de derrotar un Alcaraz que, sen contar a copa Hopman, levaba 13 encontros consecutivos sen coñecer a derrota, mais o murciano sempre volve nese momento en que se conta con el como derrotado.
Tras un primeiro set no que o polaco arrasou grazas ao seu potente saque e a falta de ritmo que xa demostrou Alcaraz na súa estrea, no segundo as forzas estarían moito máis parellas e o español sería quen de ir sumando boas dereitas para rematar os puntos. No 'tie break' lograría vencer o segundo set e levar todo ao último.
Neste terceiro set todo semellaba positivo para Alcaraz, mais con 5-2 desaproveitou varias bolas de partido e cedeu dous saques de maneira consecutiva. Volveu aparecer noutro 'tie break' e conseguiu a súa clasificación para cuartos de final de maneira moi sufrida.
Un 3-6, 7-6(2) e 7-6(3) en dúas horas e 38 minutos que lle permitirán enfrontarse ao seu verdugo o derradeiro ano en segunda rolda: o estadounidense Tommy Paul, número 12 do mundo.
Tamén loitará por clasificarse para a final un Davidovich que está sendo a revelación do torneo, derrotando a Zverev e a Ruud, número 3 do mundo, en oitavos de final. Agárdalle McDonald, que tratará de rematar a súa aventura no Canadá.