Publicador de contidos
Publicador de contidos

Non haberá problemas para a disputa do Breogán-Valencia do domingo

Non haberá problemas para a disputa do Breogán-Valencia do domingo

Mrsic: "O tempo está mellor e estase traballando para arranxar a situación"

G24.gal 11/10/2024 16:35 Última actualización 11/10/2024 16:42

Non haberá problemas para a disputa do Breogán-Valencia do domingo. Os traballos realizados esta semana fructificaron. Mrsic falou sobre o tema.

"É o que hai. O tempo está mellor e estase traballando para arranxar a situación".

"Non foi doado xogar. Había risco de lesión".

O croata sinalou que o novo Valencia Basket de Pedro Martínez, ao que reciben o domingo no Pazo de Lugo, é un equipo “con moito potencial”, que aposta “por un baloncesto rápido e de moitas posesións”.

Mrsic asume que ao Breogán custaralle “controlar” o ritmo do partido porque o conxunto laranxa busca “posesións moi curtas” e el está convencido de que non cambiará o seu estilo en Lugo a pesar de xogar o mércores na pista do Cluj-Napoca romanés.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar