Novas e multitudinarias protestas contra a reforma das pensións en Francia
Novas e multitudinarias protestas contra a reforma das pensións en Francia
Grupos de manifestantes enfrontáronse coa policía en varias cidades do país, entre elas París ou Nantes
Unha marea humana colapsou hoxe o centro de París nesta décima mobilización nacional convocada en contra da reforma da pensións.
A protesta afectou os transportes, enerxía e educación e obrigou a pechar tamén algúns dos monumentos máis emblemáticos da capital, como o Museo do Louvre ou a Torre Eiffel.
Ao remate da concentración na capital rexistráronse algúns enfrontamentos entre grupos de manifestantes e as forzas de seguridade, episodios de violencia que se produciron tamén noutras cidades de Francia como Nantes.
O Goberno reiterou que non toleraría os disturbios e despregou un amplo e excepcional dispositivo de seguridade composto por preto de 20.000 axentes.
O presidente Macron móstrase disposto a dialogar cos sindicatos, pero sen botar atrás a súa reforma, que atrasa a idade de xubilación dos 62 aos 64 anos. Algúns dirixentes sindicais pediron deixala en suspenso para abrir un proceso de negociación. De non ser así, seguirán mobilizándose.
Á espera de que se poida producir ese diálogo, hoxe anunciouse o remate da folga do lixo que duraba xa 22 días e que deixou unhas 10.000 toneladas de residuos espallados por toda a capital francesa.