Publicador de contidos
Publicador de contidos

Novembro, mes de transición laboral, por Venancio Salcines

OPINIÓN

Novembro, mes de transición laboral, por Venancio Salcines

Venancio Salcines 04/12/2024 08:05

Novembro sempre é un mes de transición, o turismo entra en tempada baixa e termina de axustar os seus cadros de persoal, o mesmo se pode dicir dos empregados eventuais, ou de reforzo, da administración. E aínda que as altas en educación son importantes, non teñen a forza para compensar as baixas laborais. Dito isto, é importante indicar que os ritmos de xeración de emprego irán a menos. A economía empeza unha aterraxe suave que nos levará, con toda seguridade, a melloras mais modestas das observadas nos últimos tres anos.

Unha ollada aos datos de Galicia mostran que os peores datos de novembro se dan en Lugo, e a nivel de variación anual destaca, de modo positivo, e con diferenza a provincia da Coruña, que ela soa xera tanto emprego coma o resto de Galicia xunta. É practicamente a única que mantén o nivel de dinamismo de España, situándose entre as quince provincias más dinámicas do Estado, e a de mellor comportamento do norte do Estado, agás Xirona e Cantabria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade