Acelérase a venda de galo de curral de cara ao Nadal
Acelérase a venda de galo de curral de cara ao Nadal
Aínda que o galo de curral se vende todo o ano, nestas datas hai máis demanda dun produto que adoita estar na mesa de Nadal
Antes do 22 de decembro, día da Feira do Nadal, uns 1.000 aproximadamente estarán sacrificados en Vila de Cruces, moitos deles xa vendidos a entre 75 e 80 euros a peza
Comezou decembro e en Vila de Cruces teñen o seus galos de curral a punto. Coincidindo coa proximidade do Nadal, os animais están no momento máis óptimo para seren sacrificados. Algo que se nota nunhas vendas, que, aínda que se manteñen durante todo o ano, se incrementan estes días.
Luísa de Mariño, criadora, di que "se venden todo o ano pero que achegándose estas datas a demanda nótase". Na súa explotación teñen nestes momentos uns catrocentos galos de curral que nos próximos días serán sacrificados.
Levan criándoos cunha coidada alimentación natural practicamente un ano.
"Están agora a piques de facer un ano e que están no seu punto porque antes dos dez meses non se deben matar" e a característica do galo de curral "é a crista, as 'campanillas' e a pelaxe", explica Luisa.
A estas alturas os máis deles están entre os tres e medio e os catro quilos e medio.
A Asociación de Criadores de Galo e Galiña de Curral de Vila de Cruces conta cunha vintena de integrantes. Coa proximidade de Nadal incrementan as vendas. Tanto en persoa como en liña. venden a calquera punto de España.
Antes do 22 de decembro, día da Feira do Nadal uns 1.000 aproximadamente estarán sacrificados en Vila de Cruces, moitos deles xa vendidos a entre 75 e 80 euros a peza.