Arrinca a Feira do Galo de Curral de Vila de Cruces
Arrinca a Feira do Galo de Curral de Vila de Cruces
Este venres deu comezo a súa vixésimo terceira edición, en que cada ano vai gañando máis adeptos
O galo do curral convértese nestes días nun dos protagonistas das nosas mesas e hoxe Vila de Cruces é o seu máximo embaixador.
Hoxe é o día para mercalo na súa xa tradicional Feira de Nadal. Galos de curral de máis de nove meses, de tres quilos e medio a cinco de peso, e que rozan os 46 aos 90 euros.
Cada ano vai gañando máis adeptos, pois o seu sabor é o seu maior reclamo. Galos criados con tempo e paciencia, o mesmo que se precisa para logo cociñalos.
Para o que non pode dispor del, existe unha solución: "nos deron para poder ofrecer o produto cociñado para preparar en 20 minutos", sinalaba Evaristo Rodríguez, presidente da Asociación de Criadores de Galo de Curral de Vila de Cruces
Galo de curral ao xeito tradicional, con arroz ou con fabas. Moitas formas de preparar este manxar que tamén se pode degustar na Feira do Galo de curral de Vila de Cruces da man de once establecementos hostaleiros da zona.