Publicador de contidos
Publicador de contidos

Elena Ferro, tradición e modernidade con forma de zocos de cores

Elena Ferro, tradición e modernidade con forma de zocos de cores

Son a terceira xeración dun oficio case desaparecido

Ata que lle chegou o éxito en 2010,  a artesá botou 15 anos facendo probas e cambios nos zocos tradicionais

G24.gal 27/06/2024 21:44

Dende o seu taller de Merza, Vila de Cruces, a artesá Elena Ferro e a súa familia fan zocos que acaban repartidos por todo o mundo. Mantendo a esencia deste calzado rural, adaptárono ás actuais tendencias da moda cos seus deseños e as súas atrevidas cores.

Venden no propio taller, na tenda da Coruña e na web. E seguen indo ás feiras, que ata hai 14 anos eran o seu único punto de venda.

Son a terceira xeración de artesáns. Levan máis de 100 anos facendo zocos, que ata finais dos anos 70 eran o calzado do rural. A partir de aí, os zoqueiros e zoqueiras foron desaparecendo. 

nos anos 90 Elena comezou a innovar, pero respectando a esencia dos zocos tradicionais. E en 2010 foi chegando o éxito. Sete persoas traballan no taller. Sacan uns quince pares ao día. E agora os zocos son rurais pero tamén urbanos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade