Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os derrubamentos de terra poñen en risco a circulación por unha estrada de Vila de Cruces

Os derrubamentos de terra poñen en risco a circulación por unha estrada de Vila de Cruces

O 112 alertou dun novo corremento na curva do Cruceiro de Aguiar este mércores

Hai anos fíxose un muro de contención na outra banda da estrada para atallar o mesmo problema

 

G24.gal 04/01/2024 15:12 Última actualización 04/01/2024 16:06

Unha brigada de mantemento da Deputación de Pontevedra seguía retirando este xoves a terra caída na tarde o mércores sobre a estrada no Cruceiro de Aguiar, un lugar da parroquia de Fontao, en Vila de Cruces. 

Ramón ve como o problema se repite a cada tanto porque vive xusto en fronte. Di que ata hai uns dez anos da súa banda pasaba o mesmo, ata que conseguiu que a Deputación fixera un muro de contención.  

Nalgún momento parece que se propuxo a posibilidade de facer outro tanto na banda contraria, pero non chegou a concretarse, e a terra segue caendo, co risco de que os desprendementos vaian a máis. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade