Publicador de contidos
Publicador de contidos

Divina: a incrible resistencia dunha anciá que sobreviviu tres días perdida no monte

Divina: a incrible resistencia dunha anciá que sobreviviu tres días perdida no monte

A veciña de Vila de Cruces de 82 anos non volveu á casa tras a súa andaina habitual 

A familia e os participantes na busca cualifican de "incrible" a súa resistencia

Divina está ingresada no hospital e evoluciona favorablemente

G24.gal 22/12/2023 15:17 Última actualización 22/12/2023 18:15

Héctor non para de recibir chamadas e mensaxes desde que se confirmou que a busca incensante de súa nai empezou a dar por fin resultados na tarde do xoves logo de tres longos días de rastrexo. 

"Meu irmán topou primeiro dúas pezas de roupa e acordoouse a zona para que traballasen os cans de rastrexo".

Estaba nunha zona de difícil acceso e moi preto dun barranco na zona do monte da Serra, un lugar no que en principio non pensaron que puidese entrar pola densidade da vexetación, segundo explica Román Iglesias, membro de Protección Civil de Vila de Cruces. Para dar con ela foi determinante o labor dos cans de rastrexo de persoas, despois de que se atoparan un par de pezas de roupa que a familia confirmou que eran de Divina. Unha vez localizada, tamén fixo falta un complicado traballo de rescate. 

"Houbo que facer accesos para baixala en padiola por unha pendente gravísima". 

De momento Divina segue en observación no hospital e a familia non dá abasto para agradecer o apoio recibido tanto por parte dos profesionais coma dos voluntarios que tamén celebran o "incrible" final feliz da busca. 

"Xa nos tocou a lotería anticipada en Vila de Cruces". 

Divina foi localizada nunha zona de dificil acceso porque había moito mato Divina foi localizada nunha zona de dificil acceso porque había moito mato
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade