Publicador de contidos
Publicador de contidos

Nunha emotiva despedida, Joaquín lembra a chamada de Fernando Vázquez

Nunha emotiva despedida, Joaquín lembra a chamada de Fernando Vázquez

Joaquín: "Recibín unha chamada que me cambiou a vida. Fernando Vázquez incorporábame ao primeiro equipo do Betis"

G24.gal 20/04/2023 14:12 Última actualización 20/04/2023 14:18

Comezan as homenaxes a Joaquín. Esta mañá, na cidade deportiva do Betis, despediuse a carón dos compañeiros e familia. Vai facer 42 anos. Está a sete partidos de igualar con Zubizarreta a marca do xogador con máis encontros en Primeira División en toda a súa historia. Ese é o obxectivo.

Nunha emotiva despedida, Joaquín lembrou a chamada de Fernando Vázquez: 

"Recibín unha chamada que me cambiou a vida. Fernando Vázquez incorporábame ao primeiro equipo do Betis".

"Díxenlle o meu pai que xa era xogador do mellor equipo do mundo".

Onte Joaquín Sánchez fixo público que deixa o fútbol. A través dun emotivo vídeo nas redes sociais, o mítico xogador bético anunciou a súa retirada do fútbol. Aos 41 anos, Joaquín confirmou que poñerá fin a máis de dúas décadas como profesional cando finalice esta temporada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade