Galicia recupera a principal vía de conexión coa meseta por autoestrada
Galicia recupera a principal vía de conexión coa meseta por autoestrada
En Pedrafita reabrirá o viaduto do Castro na A-6, que houbo que reconstruír tras derrubarse hai dous anos
Durante o corte houbo que usar a estrada nacional o que supuxo un aumento nos tempos e nos gastos da viaxe
Conta atrás para a reapertura do viaduto do Castro coa que se restablecerá a conexión de Galicia coa meseta por autoestrada.
"Xa era hora, que non sei cantos anos levamos asi", di un veciño.
Este paso leva máis de dous anos cortado, facendo que os usuarios tivesen que circular pola nacional, co tráfico pola vila e investindo máis tempo e cartos en cada traxecto.
"Demasiado tempo sobre todo para os transportistas", comenta un usuario.
"Ten un lado bo para o tráfico pero no para o pobo, que vai parar menos xente", engade un veciño.
Toda a situación comezaba en xuño de 2022, cando colapsaba o primeiro piar do viaduto da A-6, que levou á reconstrución e a un investimento de 70 millóns de euros.
"Tomaron o seu tempo, o problema foi cando se fixo que se fixo mal", di un veciño.
O primeiro alivio para o tráfico chegaba hai un ano coa apertura do viaduto dirección Madrid. O luns ábrese ao tráfico o viaduto dirección Galicia, e con el queda totalmente operativa a A-6.