Publicador de contidos
Publicador de contidos

O 2024 rematará coa histórica cifra de 499.000 peregrinos

O 2024 rematará coa histórica cifra de 499.000 peregrinos

O camiño con máis peregrinos segue a ser o Francés

Seis de cada dez peregrinos foron de nacionalidade estranxeira

G24.gal 30/12/2024 14:33

A piques de pechar o ano, a cifra de peregrinos segue aumentando. Os últimos datos da Oficina do Peregrino sinalan que se selaron  498.700 compostelas; un número que esperan que se incremente nos dous últimos días do ano ata acadar a histórica cifra de 499.000 peregrinos; un 12 % máis que no 2023.

Segundo a Xunta de Galicia, os datos baseados nas compostelas poderían quedar curtos. Xosé Merelles, Director da Axencia de Turismo de Galicia, subliña que os sensores que teñen espallados polos distintos camiños indican que a cifra de peregrinos podería ser un 25 % superior e superar os 700.000 peregrinos.

O Camiño máis transitado segue a ser o Francés, seguido polo Portugués e polo Portugués da Costa, que este ano aumentou nun 40 % o número de peregrinos. Se nos fixamos nos países de procedencia, chama a atención que seis de cada dez peregrinos foron de nacionalidade estranxeira; a maioría, estadounidenses, italianos, alemáns e portugueses.

Pero, sexa cal sexa a nacionalidade, as sensacións e as motivacións son moi semellantes. Os motivos espirituais, a superación e o descubrimento persoal ou a aventura son as principais motivacións dos peregrinos. A maioría recomenda esta experiencia e asegura que volverá a repetila para coñecer outras rutas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade