Publicador de contidos
Publicador de contidos

O 5 de outubro celébrase o Día Mundial de James Bond

O 5 de outubro celébrase o Día Mundial de James Bond

O 5 de outubro de 1962 estreouse a primeira película da saga Dr. No

G24.gal 05/10/2021 16:25

O Día Mundial de James Bond celébrase porque un 5 de outubro de 1962 estreouse a primeira película da saga, Dr. No.

Un grupo de produtoras de cine decidiron en 2012 que sería boa idea fixar este día para homenaxealo. Este ano coincide, ademais, coa estrea en cines da última entrega, Sen tempo para morrer.

A súa historia leva nada máis e nada menos que 25 películas. Só en España e só en dous días, Sen tempo para morrer converteuse no título máis visto e recadou máis de 2 millóns de euros.

Non é de estrañar que o personaxe das novelas do escritor inglés Ian Flemming transcendera á pantalla e que teña incluso o Día Mundial de James Bond, ou debería ser quizais de Bond, James Bond.

A primeira vez que o escoitamos foi no ano 1962, en Axente 007 contra o Dr. No. Converteríase en icona, no espía máis internacional. Inmortalizaría o seu nome, durante décadas, con ata seis actores diferentes.

Bond foi aventureiro, un superheroe, un vilán, mesmo un romántico. Sempre foi capaz de reiventarse. Daniel Craig, o último actor en interpretalo, xa anunciou que non volverá ser o axente secreto 007. Porén a historia demóstranos que o seu nome nunca morre.

Non só non está morto, senón que segue no 2021 con 'licenza para matar' e 'sen tempo para morrer'.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade