Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os galegos Luís Tosar e Lucía Veiga, candidatos aos Goya a mellor actor de elenco e actriz revelación

Os galegos Luís Tosar e Lucía Veiga, candidatos aos Goya a mellor actor de elenco e actriz revelación

El 47, La infiltrada, Segundo Premio e La habitación de al lado acaparan as candidaturas

A actriz coruñesa Lucía Veiga na presentación do filme 'Soy Nevenka' na pasada edición do Festival de San Sebastián (Aleteia Intérpretes). A actriz coruñesa Lucía Veiga na presentación do filme 'Soy Nevenka' na pasada edición do Festival de San Sebastián (Aleteia Intérpretes).
G24.gal 18/12/2024 12:58

El 47, de Marcel Barrena, La infiltrada, de Arantxa Echevarría, Segundo Premio de Isaki Lacuesta e Pol Rodríguez, La habitación de al lado, de Pedro Almodóvar, e La virgen roja, de Paula Ortiz acaparan gran parte das candidaturas na 39 edición dos Premios Goya, tal e como anunciou este mércores a Academia de Cinema, aos que aspiran tamén os galegos Luís Tosar e Lucía Veiga nas categorías de mellor actor de elenco e a mellor actriz revelación, respectivamente.

Os actores Natalia de Molina e Álvaro Cervantes foron os encargados de presentar os candidatos desde Granada, coa Alhambra como pano de fondo, na que foi a primeira vez que a Academia de Cinema sae de Madrid para facer este anuncio, que comezou cun recordatorio a Marisa Paredes, falecida este pasado martes por un fallo cardíaco. "É unha profesional moi querida por todos nós", comentou Natalia de Molina.

En concreto, El 47 con 14 candiaturas é a película que máis propostas logrou, seguido de La infiltrada con 13, Segundo Premio con 11, La habitación de al lado con 10 e La virgen roja con 9 nomeamentos.

Na categoría de actor protagonista, os nomeados foron Alberto San Juan por Casa en flames, Eduard Fernández por Marco, Alfredo Castro por Polvo Serán, Urko Olazabal por Soy Nevenka e Vito Sanz por Volveréis. Para mellor actor de elenco, os académicos seleccionaron a Enric Auquer (Casa en flames), Salva Reina (El 47), Óscar de la Fuente (La casa), Luís Tosar (La infiltrada) e Antonio de la Torre (Los destellos).

A mellor actriz protagonista as candidatas son Emma Vilarasau por Casa en flames, Julianne Moore por La habitación de al lado, Tilda Swinton por La habitación de al lado, Carolina Yuste por La infiltrada e Patricia López Arnaiz por Los destellos. Na categoría de mellor actriz revelación, as nomeadas son Zoe Bonafonte por El 47, Mariela Carabajal por La estrella azul, Marina Guerola por Los destellos, Laura Weissmahr por Salve María e Lucía Veiga por Soy Nevenka.

Das 209 películas rexistradas aos Premios Goya 2025, 72 son óperas primas fronte ás 69 do ano anterior. Destas 209 producións, 121 son de ficción, 80 son documentais e 8 son de animación. Tamén concorren este ano 21 filmes europeos -11 máis que o ano pasado- e 17 longametraxes iberoamericanas, películas que en ambas as categorías foron escollidas polos seus respectivos países.

En canto aos guións, 163 son orixinais e 42 adaptados. Das 62 curtametraxes rexistrados, 30 son de ficción, 17 son documentais e 15 de animación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade