Publicador de contidos
Publicador de contidos

O 54% dos cataláns está en contra da independencia fronte ao 40% que está a favor

O 54% dos cataláns está en contra da independencia fronte ao 40% que está a favor

É a porcentaxe de oposición máis elevada dos últimos dez anos

Son datos do Centro de Estudos de Opinión da Generalitat

G24.gal 28/11/2024 20:24

 O 54 % dos cataláns oponse á independencia de Cataluña, catorce puntos por riba dos que están a favor, segundo o último barómetro elaborado polo Centro de Estudos de Opinión da Generalitat.

A porcentaxe de rexeitamento á independencia mantense estable con respecto a anteriores barómetros, desde que en xuño de 2022 se situara nun 52 %; do mesmo xeito que ocorre coa independencia, que repite o 40 % de apoios que rexistrou na enquisa do mes de xuño.

Segundo explicou o director do CEO, Joan Rodríguez, os datos demostran que o apoio á independencia experimenta "un lento declive" que "está chegando ao seu chan". 

A enquisa, elaborada pola empresa GESOP a partir de entrevistas a 2.000 persoas maiores de 18 anos, efectuouse entre o 11 de outubro e o 14 de novembro deste ano

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade