Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cataluña dá por superado o peor da DINA

Cataluña dá por superado o peor da DINA

Trens e avións operan xa con normalidade e a N-340 permanece cortada por inundación

G24.gal 05/11/2024 14:31

Cataluña dá por superado o peor da DINA, e pouco a pouco comeza a recuperar a normalidade, despois de que nas últimas horas se rexistraran inundacións en Tarragona e no litoral de Barcelona que obrigaron a pechar durante horas o servizo de Rodalies. 

Tamén houbo estradas e algúns voos que se viron afectados, pero sen rexistrar danos persoais. Renfe informaba esta mañá de que todas as liñas da compañía volven operar con normalidade, excepto a que enlaza Barcelona con Salou e Port Aventura, en Tarragona.

Tamén o aeroporto de Barcelona-O Prat volveu operar con normalidade, logo de que as intensas chuvias de onte obrigaran a cancelar un total de 153 voos, aos que houbo que engadir outros 18 desvíos.

En canto ás estradas, aínda permanece cortada por inundación a N-340 na Rápita, en Tarragona, e o Servei Catalá de Transit recomenda o uso de vías alternativas. Tamén está pechada a que pasa por Deltebre, e a A-27 en Valls, afectada por un desprendemento, ten só un carril aberto en cada sentido da circulación.

E aínda que a alerta por DINA xa rematou, no que resta de semana, aínda poden rexistrarse novos episodios de chuvias intensas, polo que se pide á cidadanía que manteñan as precaucións e sigan atentos aos avisos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade