Publicador de contidos
Publicador de contidos

O acusado de asasinar a súa veciña en Tirán: "Son vítima dunha cacería humana"

O acusado de asasinar a súa veciña en Tirán: "Son vítima dunha cacería humana"

Di que o viu o cadáver da veciña desde a fiestra e non avisou a policía porque estaba nervioso

A Fiscalía mantén a petición de 25 anos de cadea e a defensa volveu solicitar a libre absolución

G24.gal 03/07/2024 14:12

"Non se fíen á primeira de cambio do que dixeron o Ministerio Fiscal e a acusación particular, e atendan o meu avogado. Isto é unha cacería humana contra min".

Con esta alegación de Balbino Soliño ao xurado popular remataba o xuízo polo crime de Tirán. O acusado de asasinar a súa veciña para roubala na casa, dixo que aquela mañá non entrou na vivenda, pero si viu por unha fiestra viu o cadáver de Cándida. 

"Non chamei a policía porque estaba nervioso, non sabía o que facer, estaba nese momento algo desorientado", di o acusado respondendo ao xuíz.

Declarou que un día e medio antes estivera dentro da casa axudando cunhas plantas a Cándida. Xustificou ter restos de sangue da vítima en luvas e zapatillas porque ela se puido mancar coa planta. Canto á aparición do seu ADN nas unllas da falecida, o motivo, dixo, podería ser compartir unha toalla.

"Sequei as mans cunha toalla e levouna ela, non sei o que fixo, igual foi aí a transferencia de ADN", declarou Balbino.

Para o fiscal e a acusación particular esta versión é "inverosímil" e as probas en contra, "moi contundentes". Manteñen as respectivas peticións iniciais de 25 anos de cadea e prisión permanente revisable. A defensa segue pedindo a absolución. Argumenta posible contaminación das probas, cuestiona as testemuñas e di que a instrución foi parcial.

O xurado reunirase mañá para deliberar e emitir o veredicto dun crime, do que precisamente hoxe fai 3 anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade