O agro reclama axudas urxentes nunha manifestación multitudinaria en Madrid
O agro reclama axudas urxentes nunha manifestación multitudinaria en Madrid
Na protesta participaron máis de 100.000 persoas de toda España
O mundo rural reivindica un futuro digno e que se garanta a súa supervivencia
O agro alza a voz e rebélase saíndo á rúa. A manifestación deste domingo comezaba na praza de Neptuno, percorría o eixe O Prado-Recoletos-Paseo da Castellana con protestas fronte ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e na sede do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.
O mundo rural reivindica un futuro digno que ten varias frontes abertas: o incremento dos custos da enerxía, das materias primas, a guerra en Ucraína e o paro dos transportistas, unha situación que afecta de cheo aos agricultores e gandeiros galegos.
Esta protesta foi unha cita que os organizadores cualificaron de "histórica" coa participación de 100.000 persoas, segundo a Delegación do Goberno, e 400.000, segundo os convocadores.
As asociacións agrarias, gandeiras e de caza reclaman un plan de choque que paralice o incremento continuado dos prezos de produción, a redución de tarifas eléctricas e uns servizos sociais e sanitarios dignos para o mundo rural.
O agro pide axudas urxentes para asegurar a súa viabilidade, pero asegura que esta mobilización será só o comezo se non son escoitados polo Goberno.