Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Arenteiro iguala en dúas ocasións a vantaxe do Raio Majadahonda (2-2)

O Arenteiro iguala en dúas ocasións a vantaxe do Raio Majadahonda (2-2)

Christian Santos e Pibe marcaron os goles dos do Carballiño

G24.gal 17/03/2024 19:02

O Arenteiro sacou un empate diante do Majadahonda, un resultado que se pode considerar como bo malia xogar contra o pechacancelas porque ata en dúas ocasións se adiantaron os madrileños (2-2). 

Avisou o Raio cun gol anulado a Sergi García pero no 19 non desaproveitaron un agasallo de Marino Illescas para adiantarse grazas a Cortés. Non estaba a ser o mellor partido do Arenteiro na temporada pero no 37 Pibe forzou e transformou un penalti claro. 

No segundo tempo volveu adiantarse o Majadahonda cunha xogada que culmina Álvaro Arnedo. Quedaban 25 minutos para o final e o Arenteiro nunca se rende. Foi no 81 cando empatou grazas ao cuarto gol de Christian Santos desde que chegou en febreiro e mesmo puideron os de Javi Rey acadar a vitoria. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos