O Arousa pasa á seguinte eliminatoria da Copa por aliñación indebida do Granada
O Arousa pasa á seguinte eliminatoria da Copa por aliñación indebida do Granada
O Xuíz Único de Competición entende que houbo aliñación indebida de Adri López, ao ser unha “competición non profesional”
O Xuíz Disciplinario Único da Federación declarou aliñación indebida do porteiro do Granada, Adri López, correspondente o partido da Copa do Rei disputado o pasado 2 de novembro ante o Arousa.
O xuíz declara o equipo galego vencedor da citada eliminatoria e decide impoñerlle ao Granada unha multa de 6.001 euros, en aplicación do artigo 79.1 e 2 do Código Disciplinario da RFEF.
Contra a resolución cabe interpoñer recurso ante o Comité de Apelación no prazo de dez días hábiles, a contar desde o seguinte ao que se reciba a notificación.
Se non prospera o recurso, o Arousa estará no sorteo da segunda eliminatoria, que terá lugar o mércores día 15.