O Badaxoz mete o dedo na ferida do Deportivo (3-0)
O Badaxoz mete o dedo na ferida do Deportivo (3-0)
Os de Borja Jimenez levan só 5 dos últimos 21 puntos posíbeis
O estado de depresión do Deportivo continúa tras unha infructuosa saída a Badaxoz. O equipo coruñés mostrouse moi feble.
Moralmente tocado no seu tránsito polo peor momento da temporada, os de Borja Jiménez acusan cada golpe con efecto multiplicador. E no Novo Vivero ese golpe chegou ben cedo, no minuto seis.
Gorka Santamaría, totalmente só, remataba de cabeza para inaugurar o marcador. Mal defendido, o dianteito local facía o seu duodécimo gol da temporada. Tocáballe remar contra corrente a un grupo que ata hai pouco tiña sempre o vento a favor.
Agora cústalle un mundo. Aínda así, puído empatar o Deportivo nun disparo ao pau de Miku, na única opción seria da primeira metade. Polo demáis, moita circulación insulsa de balón ante un rival que volveu golpear nada máis comezar o segundo tempo.
E outra vez por medio de Gorka Santamaría. A velocidade da xogada pilou desprevenida a defensa deportivista. Totalmente noquedo, o conxunto galego non conseguía chegar á portería contraria. Makaay evitou o gol de Clemente pouco antes do primeiro intento de entidade visitante da segunda parte. Villares probou desde fóra da área.
Pero o Badaxoz non estaba disposto a sufrir, e logrou o tres a cero á saída dun córner. Lapeña, en propia porta, foi o autor do gol. Completaba así o Deportivo un encontro para esquecer que vai alimentar as críticas nestes tempos convulsos para o club coruñés.