O Barça vence no primeiro partido da final
O Barça vence no primeiro partido da final
O arxentino Laprovittola foi o máximo anotador do encontro con 19 puntos
A final da ACB comezou no Palau con ovación para Mirotic.
Con moitas oracións, moito que pedir e con vitoria do Barça. A serie arrancou cun partido vibrante, cos ataques desatados na primeira parte. Mellor o Barcelona no primeiro cuarto con Laprovittola e Sanli. E superior o Madrid no segundo co Chacho e Tavares. 47-50 ao descanso.
Á volta veu a clave. Porque os culés subiron o nivel físico, melloraron en defensa e no rebote e por aí conseguiron complicarlle o partido ao Madrid. E aínda que os brancos tiraron da vella garda pra tratar de endeitalo.... O Barça acabou por levalo cun último arreón conducido por Sanli, Laprovittola e Mirotic.
A salientar o de Mirotic, en delicada situación mental tras confirmarse que non segue. Acabou con 14 puntos e sete rebotes e levou o recoñecemento da afección. O Barça golpeou primeiro, 97-88. Agora a serie viaxa a Madrid onde este domingo agarda o segundo partido.