Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os galegos da ACB afrontan a xornada buscando afastar o descenso

Os galegos da ACB afrontan a xornada buscando afastar o descenso

O Breogán visita un rival directo en Zaragoza

O Leyma xoga mañá no Palau Blaugrana

G24.gal 02/11/2024 13:41

Tras a derrota no partido 900 na elite, o Breogán saltará ás nove menos cuarto á pista de Zaragoza na busca da súa segunda vitoria da temporada. 

En fronte terá o equipo que máis puntos recibe da Liga, cunha media de 97 por encontro, aínda que os lucenses deberán mellorar a súa porcentaxe tanto nos lanzamentos de dous coma nos tiros libres, unha tarefa que a Mrsic lle está a saír cara.

Os aragoneses afrontan este encontro con tres prórrogas acumuladas durante a temporada e dúas derrotas nas últimas xornadas pero cun home nun grande estado de forma, Dublevic, o segundo xogador con mellor valoración do Campionato.

Mentres tanto, o Leyma Coruña viaxa ata o Palau Blaugrana onde mañá as 12.30 se enfronta a un Barcelona que vén de perder o xoves en Grecia e nas dúas últimas xornadas de Liga. Malia todo, Epifanio ten claras as preferencias sobre o rival que lle gustaría atopar. 

Os coruñeses agardan o partido coa tranquilidade das dúas vitorias que levan e do rendemento que poden ofrecer os xogadores neste encontro.

Será un partido no que os laranxas teñen pouco que perder e moito que gañar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos