Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un moi mal Breogán encaixa unha malleira inexplicable en Zaragoza (111-53)

Un moi mal Breogán encaixa unha malleira inexplicable en Zaragoza (111-53)

O equipo de Mrsic comezou ben o partido, pero os maños dinamitárono a base de triplas

A desvantaxe medrou constantemente, cunha anotación local que dobrou a dos galegos

Foto: EFE
G24.gal 02/11/2024 22:33

O Breogán só aguantou o primeiro cuarto en Zaragoza. Mesmo comezou gañando, con vantaxe de 8-10 mediado ese primeiro parcial. Pero o Zaragoza fixo toda unha declaración de intencións, con tres triplas consecutivas para asinar un parcial de 11-0 co que fuxían no marcador antes do descanso. Reaccionaron os de Mrsic, que chegaron ao primeiro descanso 24 a 18.

Foi un espellismo. O segundo parcial comezou co equipo local desatado, anotando desde todas as posicións. E, mediado ese parcial, chegou a festival de triplas, con 9 de 13 ao descanso para rubricar a vantaxe local de 56 a 29.

A derrota parecía dura, pero na segunda metade a cousa aínda empeorou, Os parciais de anotación non parecían ter unha explicación razoable, co Zaragoza anotando con gran facilidade, e co Breogán sufrindo en todos os aspectos do xogo. No último cuarto, a incerteza estaba en comprobar se o conxunto lugués podía evitar ser dobrado na puntuación, pero non foi así. O resultado final, 111-53, é unha derrota que quedará na historia da competición.

So dous xogadores, Nakic (12) e Moore (11) pasaron ods dez puntos. No equipo local fixérono ata cinco xogadores, con Bango como máximo anotador, con 21 puntos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos