Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Barcelona comeza a Champions cunha goleada diante do Anveres

O Barcelona comeza a Champions cunha goleada diante do Anveres

João Félix marcou dous dos cinco goles que anotaron os cataláns (5-0)

Un gol do porteiro do Lazio no último segundo do partido evitou o triunfo do Atlético

EFE EFE
G24.gal 19/09/2023 22:23 Última actualización 19/09/2023 22:58

O Barcelona comezou o periplo na Champions cunha goleada (5-0) diante do rival máis frouxo do grupo, o Anveres de Bélxica. 

O partido durou vinte minutos. Nese tempo o cadro culé saíu por todas e xa gañaba por 3-0 con goles de Bataille en propia porta, Lewandowski e un renacido João Félix. 

No segundo tempo o portugués engadiría un máis á súa conta. Gavi tamén tivo o seu lugar nunha goleada e no mellor comezo posible para un Barcelona que acaba de fracasar de xeito estrepitoso nesta competición nas últimas temporadas. 

Incrible desenlace do Lazio-Atlético (1-1)

O Atlético tamén xogaba moito logo do ridículo ligueiro de Valencia o sábado pasado. O ano pasado quedou eliminado ás primeiras de cambio e contra o Lazio volveu ese equipo rochoso que caracteriza a Simeone. 

Adiantouse cun gol marcado no primeiro tempo por Pablo Barrios, que tivo unha pinga de sorte no seu lanzamento desde a frontal. Aguantou o Atlético ata o minuto 95 cando o Lazio, á desesperada e coa incorporación do seu porteiro Provedel ao ataque, conseguiu a igualada grazas a un gol do gardameta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos