O Barcelona denuncia a Bartomeu por presuntas irregularidades na xestión do club
Pon os feitos en mans da Fiscalía para que determine se houbo falsidade contable, administración desleal e apropiación indebida.
O Barcelona denuncia a Josep María Bartomeu por presuntas irregularidades na xestión do club durante o seu mandato.
Laporta denuncia que Bartomeu asinou contratos deportivos desorbitados con comisións millonarias. Así o determina a auditoría realizada. A denuncia determina que se crearon empresas só para facturar ao Barça. Laporta entende que Bartomeu e a súa directiva puideron incorrer en condutas delituosas gravísimas.
Poñen todos estes feitos en mans da Fiscalía para que determine se houbo falsidade contable, administración desleal e apropiación indebida.
Presentación en la Fiscalía Provincial de las conclusiones de la investigación Forensic
— FC Barcelona (@FCBarcelona_es) February 1, 2022
🔗 Más detalles: https://t.co/iAsnMFipUo pic.twitter.com/7fyu0nC7Ig