Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Barcelona iguala co Real Madrid, sumando o pleno de vitorias na Champions

O Barcelona iguala co Real Madrid, sumando o pleno de vitorias na Champions

Ferrán e Fermín marcaron os goles diante do Shakhtar (2-1)

G24.gal 25/10/2023 20:17 Última actualización 25/10/2023 22:34

O Barcelona pensa no clásico, pero antes tiña que superar o terceiro partido desta fase de grupos da Champions diante do Shakhtar ucraíno. Xavi empregou xogadores que non estarán o sábado diante do Real Madrid, cunha zona de ataque moi nova con Lamine Yamal ou Fermín como titulares. 

Fermín foi un dos goleadores do partido. El e Ferrán Torres marcaron os goles do Barcelona no primeiro tempo. 

O partido non pasará á historia. De feito o Shakhtar recortou diferenzas no segundo tempo pero o triunfo e o obxectivo de sumar 9 puntos en 3 xornadas acadouse igualando o realizado polo Real Madrid neste inicio de competición. 

O Atlético empatou diante do Celtic

O Atlético empatou en Glasgow diante do Celtic (2-2) un partido no que foi en dúas ocasións por debaixo no marcador. 

Ao pouco de comezar Furuhashi adiantou o equipo local. Empatou Griezmann (m25) pero tres minutos máis tarde marcaba Luis Palma o segundo. Os de Simeone empurraron na segunda metade volveron igualar grazas a unha cabezada de Morata

De Paul foi expulsado a dez minutos do final pero o Atlético aguantou o empate en inferioridade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar