Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Barcelona leva a Supercopa en Arabia Saudita (3-1)

O Barcelona leva a Supercopa en Arabia Saudita (3-1)

O equipo de Xavi derrota no clásico o Real Madrid para facerse co primeiro título do ano

Un Gavi superlativo marcou o primeiro e deulles outros dous goles a Lewandowski e Pedri

Foto: EFE Foto: EFE
G24.gal 15/01/2023 21:43

O Barcelona de Xavi derrotou o eterno rival na Supercopa e levantou ao ceo de Arabia Saudita o primeiro título oficial do ano 2023. Os de Xavi entraron moito mellor no partido e tiveron as ocasións máis claras durante a primeira metade. O Real Madrid aguantaba como podía, e non inquietou máis que nunha cabezada de Benzema.

O Barcelona atopou o premio no minuto 33, pouco despois de que Rudiger tivese que ser atendido. O defensa deu un pase impreciso e Gavi aproveitouno para abrir o marcador.

O treito final da primeira metade deixou un Real Madrid con máis gana que acerto, e con outra exhibición de pegada á contra do Barcelona. Desta volta foi Gavi o que asistiu, e Lewandowski o que marcou o 2-0.

Puñetazo en la mesa del Barça.
Marca Lewandowski el segundo al borde del descanso. #superSupercopa #LaCasaDelFútbol pic.twitter.com/94I7C0TCkN

O inicio da segunda metade non mudou moito a decoración, e Dembélé e Lewandowski tiveron senllas ocasións que desbaratou Courtois no man a man. Pero no minuto 69, outra vez Gavi internouse pola esquerda e asistiu a Pedri, que non perdoou o terceiro, a sentenza da final.

Aínda tivo tempo o Real Madrid de meter o gol da honra, pero foi xa na última acción do partido. No minuto 93, Benzema rematou dentro da área en dúas ocasións para bater a Ter Stegen.

O deste 2023 é o décimo cuarto título da Supercopa do Barcelona, que se consolida como rei da competición.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos